5.22.2010

Galitopía I: Organización Territorial da Galiza post-colonial.

Escudo da futura Comarca-Concello do Morrazo

Comezo unha serie na que porei sobre a mesa debates que dende a transición están dunha mala maneira pechados, cando penso que é tempo de cuestionarse certas cousas que nos permitirían desenrolarnos como país. Isto de desenrolarnos como país non é unha cousa de nacionalistas tolos ou independentistas trastornados, non, desenrolarse como país supón mellorar no benestar dos cidadáns, non se trata de algo etéreo, intanxible senón que redundará nos beneficios (sociais, económicos, culturais, políticos…) que os cidadáns precisan.

E comezando polo principio: Organización Territorial.

Quero aclarar que non quero facer un post exhaustivo, posto que isto non é unha tese doutoral, alén diso, e pura e dura inventiva e opinión miña. Comecemos…

Sempre estiven seguro do meu parecer a este respecto: Europa Federal, España Federal e Galiza Comarcal.

Actualmente o noso país se organiza en concellos (municipios) e provincias. Esta organización deriva do sistema napoleónico de administración que adoptou España no século XIX coa reforma da planta provincial. Son institucións foráneas que nada teñen que ver coa organización territorial tradicional galega (Parroquias e Comarcas).

Pero, e se mañán Galiza tornara independente? Obviamente o modelo tería que mudar completamente este modelo territorial:

1) Fin do municipalismo e nacemento do comarcalismo. O modelo de a cadanseu pobo, un concello, non é sostible, polo que faise necesario voltar á comarca como unidade básica do poder local. O que fai que as comarcas sexan ‘concellos’ máis grandes, con máis poboación e nos que sería máis sinxelo lograr a coordinación tanto intercomarcal (non é o mesmo coordinar 315 concellos que 50 cocellos-comarcas) e intracomarcal (posto que habería máis recursos e máis facilidade de tomar decisións que afecten a máis de un núcleo de poboación).

2) A Parroquia, pero non a parroquia eclesiástica. No seu marco tomaríanse as decisións veciñais e se demandaría a actuación das outras administracións do país. Nela se elixiría a Xunta de Parroquia de entre os veciños da mesma que se decidan presentar. Mesmo poderían rexerse por un sistema de concello aberto (democracia directa). Así, as parroquias serían os ladrillos cos que se construiría toda a estrutura da organización territorial galega.

O réxime parroquial podería modificarse establecendo parroquias rurais e urbanas, atendendo o número poboacional, etc…

3) Tamén se poderían crear Áreas Metropolitanas, formadas por parroquias que así o decidisen.

Redefinir as competencias nas que estes entes poda ter capacidade de decisión, de xestión e de organización tamén é algo necesario.

En definitiva, un novo modelo territorial é necesario, no que se reduza o número de concellos e no que se cren institucións que permitan ós cidadáns a participación na toma de decisións.

5.06.2010

Unión Progreso y Dance!

Xa levaba tempo sen meterme con eles... XD

5.03.2010

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet