2.28.2010

Guerra de secesión



Parece que nestes tempos estemos a librar unha guerra entre o norte e o sur de Galiza... Na prensa sureña fálase de 'Lobby Coruñés' e no norte fálase de 'Localismo Vigués'... quen leva razón en todo isto... posiblemente ninguén a leve...
Vigo leva un século reclamando ser capital de provincia (división administrativa importada de Francia, que nada ten que ver coa división administrativa típica galega). E Coruña leva tempo intentando que toda institución galega fique na Coruña (véxase como se discutiu cal tiña que ser a capital da CAG)...
Unha gherra al más puro estilo yankee!



Unha vez escoitado o norte e o sur, alguén se presta a escoitar a Galiza?

2.23.2010

O valor económico da Lingua


Falar Galego non ten prezo...

Dun tempo a esta parte teño lido cousas acerca do chamado 'Foro E. Peinador' que procura un maior achegamento das empresas á lingua e á cultura galega. Parece unha redundancia que en Galicia haxa un grupo de empresarios que traten de convencer a outros empresarios de que é rendible utilizar o galego nas relacions internas e nas externas (tanto cos clientes coma coas Administracións Públicas). Parece redundante, pero non o é. De feito, tomando os seus datos, no 2008 de 440 marcas de viño existente no país, só 120 etiquetaban en galego...
Pero porqué etiquetar productos en galego?, por exemplo...
Pois é unha razón meramente económica. Os productos galegos, sobre todo os procedentes do agro teñen unha excelente calidade. Pola contra, nos últimos anos estase a dar o feito de que se envasan productos vidos de fóra, facendoos pasar como galegos (caso do leite). Se vísemos un cartón de leite no supermercado coa etiquetaxe en galego poríamos a man no lume dicindo que ese leite é producido en Galicia e que ten unha calidade superior. Ben, isto xa o fai por exemplo Feiraco ou Larsa. E mesmo enquisas de consumo botan que os compradores estarían dispostos a pagar máis por mercar leite galego... Facilitémoslle as cousas, non é?

Noutro orde de cousas, temos que ter claro que o que nos diferencia doutros lugares desta península (máis ou menos) é a lingua. Grazas a esa exclusividade, só se pode aprender galego en Galicia (agás nas EOI do resto da península) o que nos fai tremendamente competitivos neste eido, posto que ninguén máis é capaz de ofrecer un ambiente 100% galego na aprendizaxe da lingua. Isto hai que potencialo, hai que potenciar o valor económico do galego no mundo, e así, igual que van a milleiros a Irlanda, Reino Unido ou Malta a aprender inglés, poderían vir aquí a milleiros a aprender galego... soa a utopía, mais non debemos renunciar a ela. Incluso sería ter en conta a posible adopción da normativa AGAL e a inserción de Galicia no CPLP...
Pero quedémonos cos paseniños andares que estamos a ver, posto que neles está o futuro.

2.13.2010

Chuza!




Hoxe son noticia en Chuza!

2.03.2010

LadyFeijoón


Dende as primeiras posicións na lista, con temas como 'Trilingüísmo Armónico', 'Privatizando Hospitais e Servizos Socias' e 'Cultura Ensimismada e Limitante'; chega esta banda orixinaria da Galicia Cosmopolita, co seu novo éxito: Destroy Everything I Touch; 'Desfagho todo o que toco'.

Xa recibiron as mellores críticas dos sabedores máis especializados:

- Real Academia Galega.
- Consello da Cultura Galega.
- Sindicatos.
- Universidades.
- Escritores galegos gañadores do Premio Nacional de Narrativa.
- Partidos políticos.
- Asociacións.

E un lóngo etcétera.

De seguir así, ben seguro nos han de proporcionar moitos máis éxitos.

Non vos perdades o vídeo!

http://www.youtube.com/watch?v=-M5Ue0x3b6c&feature=related

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet