3.23.2010

Válete do Valedor

Onte, día 22 de marzo, o sr. Benigno López, nomeado polo Parlamento de Galicia Valedor do Pobo, presentou no mesmo para presentar o seu informe do 2009. Na súa comparecencia, acusou ós membros do BNG (tamén ós votantes, posto que eses son os nosos representantes) de 'pór pistolas no peito para que a xente fale galego'. BRAVO!!! [CLAP, CLAP, CLAP].
Como criticar é libre, e internet é un medio estupendo para facelo, decidín poñer unha queixa do Valedor no Valedor, a ver se vale ou non vale:

No día 22 de marzo de 2010, D. Benigno López, Valedor do Pobo, comparecía no Parlamento de Galicia e afirmaba (con respecto ó BNG) diante das tres forzas políticas con representación no mesmo que 'non poden ir cunha pistola no peito a cada cidadán para que fale galego'.Quero recordarlle ó Sr. López que o artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 (en vigor, e sen ningunha cuestión de inconstitucionalidade) propón: 'Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e POTENCIARÁN a utilización do GALEGO en tódolas ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.' Supoño que con pistolas no peito non se pode 'obligar' a que se fale galego, pero co Estatuto na man si.
Por outra banda, quero lembrarlle que a liberdade lingüística á que fixo referencia na súa intervención só se pode exercer coñecendo os dous idiomas (o galego e o castelán) e que esa liberdade lingüística non se refire a un suposto dereito de ser ensinado nunha ou noutra língua. Como poderíamos escoller entre usar o galego e o castelán se non temos o coñecemento dunha delas?
No seu discurso botei en falta unha alusión ó proxecto de decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, no cal, non se recolle o mandato estatutario (e por ende toda a normativa a este respecto aprobada dende a décado dos 80) nin da xurisprudencia existente no tocante a elección por parte dos pais do idioma, nin se recolle a intencionalidade de que os cativos aprendan as dúas línguas para, agora si, no uso da súa libertade decantarse por unha ou outra língua.
Xa para rematar, emprazar ó Sr. López a que pondere moito máis as súas declaracións (como corresponde a unha institución independente) e que non se deixe levar por preconceitos que tanto dano fan á institución que representa, e se no caso de non poder conseguilo, deixar o seu posto, posto que se trata dunha violación do mandato estatutario que lle foi asignado.

Ti podes mandarlle a túa queixa: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64

3.10.2010

Lingüística canguesa


'En Cangas falámosche'sí'

A miña nai, é unha muller que nunca precisou ir máis aló das duas marxes da ría. Non sabe falar castelán. Tampouco nunca lle fixo falta. Ela é feliz, cultiva a leira. Unha vez por semana vai ó Aterrado e vende unha pouca verdura. E con iso, ela é feliz.
Cangas, o Morrazo por extensión, é un lugar peculiar, e iso se reflicte no noso modo de falar. Aínda que eu use a norma ILG-RAG, ás veces penso que non habería galego máis puro que o que fala a miña nai. Moitos dos meus amigos dinme que cando oen á miña nai falar din que fala 'como portugués'. Coido que é pola pronuncia de S, Ç, X, SS... non é o mesmo son 'sapato' que 'toxo' nin 'casa'. Por iso sabemos cando é 'cosida' (cocida) e 'cosida' (cosida).

Esta peculiaridade non remata no seseo e na gheada. Trascende e vai máis aló.

Os nomes:
Así, os nomes que rematan en -á (lá, mazá, irmá, mañá), son pronuciados coma se rematasen en -án. Así dicimos 'mañán pola mañán' ou 'colle unha masán da masanseira' ou 'Veu a túa irmán'.
Os nomes que rematan en -xe, (hoxe, traxe, garaxe), perden ese -e, e pasan a pronunciarse como hox, trax, gharax... 'fun a prasa e comprei moito peix', 'hox pares que chove'...
Á feira, nós dicímoslle: Aterrado (polo lugar onde se fai), Invasores (pola cantidade de xente que vén)
Ás Agullas (o peixe) se é fresco chámase Alcrique, se é en conserva chámase Chandarme. 'Unha lata de chandarmes'.
Cando non da tempo a facer algunha cousa, dicímoslle 'non me deu a virada'.
Cando un neno non vai a clase, 'fai a ghodalla' ou 'colga clase'.
Ós caramuxos dicímoslle 'minchas', e 'andar ás minchas' é andar despistado. Un mincho, demáis é un ghato.
En realidade o mundo mariño está presente na linguaxe, e así temos un sin fin de nomes para denominar ós peixes:
Rinchas, piardas, rapantes, chinchos, croques...
O autobús é a Linea, o periódico é o Faro...

Os verbos:
O verbo facer tórnase regular, e isto reflíctese no futuro de indicativo (farei, farás, fará...); así de faser dicimos eu faserei, ti faserás, el faserá... 'Mamá! xa o faserei máis tarde'.
O verbo parecer, na terceira persoa do singular (parece) perde o -e e prúniciase como 'pares'. 'Pares que abre o día'.
No preterito dos verbos, para a segunda persoa do plural non se usa -stes (collestes, trouxestes, andastes...). No canto, úsase -chedes. 'Colléchedes a linea?' 'Viñéchedes andando' 'Truéchedes o que vos mandei?'
Ademáis, o verbo traer tamén se modifica sustancialmente:
eu trouxen > eu truin,
ti trouxeches > ti trueches,
el trouxo > el truio,
nós trouxemos > nós truemos,
vós trouxestes > vós truéchedes,
eles trouxeron > eles trueron
Outra cousa que é diferente é que o artigo enclítico de 3ª persoa de singular -o ou -a, en correcto cangués é -no e -na. 'Dígono eu e punto', 'Fixona el'.

Os pronomes:
O único que aqui cabe dicir sobre eles, é que a contración entre pronome de obxecto indirecto e directo de terceira persoa non se fai do mesmo xeito. Refírome ós Llelo, Llela, Llelos, Llelas.
'Collinllos a aquela tipa' 'Mireilla todiña!'

Sen dúbida, moitas cousas quedan sen apuntar, pero para iso teredes que vir e falar connosco...

3.04.2010

No senso máis pexorativo











*By http://www.seioque.com

O outro día, esta mociña, interpelada polo señor Gabilondo (o xornalista, non o ministro) veu dicir algo como que "Zapatero es gallego en el sentido más peyorativo del término"... GUAU! e "Rajoy es gallego"... GUAU GUAU!!
Despois de soltar tales bufadas, a mociña debeu quedar como se botara un peido que levara aguantando unha semana, vamos, o que se di descansada...
Todo o mundo alporizouse e rasgouse as vestiduras, inclusive aqueles que levan un tempo dicindo que falar galego só serve para falar cas vacas... meus pobres... Ben, non todo o mundo se enfadou por isto, Rajoy enfadouse porque leva moito tempo querendo disimular as suas orixes como para que veña esta mociña a recordarllas a todo o Estado Español...
Pero indo máis aló, que querería dicir Rosiña do corazonhe con semellantes afirmacións kantianas, cartesianas e hobbesianas...? Recurramos ónde se atopan os significados das palabras no glorioso idioma español-castelán: o dicionario de la RAE
gallego, ga.
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica. libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
Ben, tendo en conta que según as normas morfosintácticas da lingua castelá o que Rosiña do Corazonhe usa é un adxectivo, pois é unha cualidade dunha persoa ou cousa (neste caso ZP), poderemos desvotar as acepcions que van do número 7 ó 11, por ser sustantivos.
Dos que nos quedan, a primeira, a segunda e a terceira acepción non teñen connotacións pexorativas, polo tanto só nos quedan a cuarta, a quinta e a sexta...
A quinta e a sexta son usados nada máis que en un país cada un, e a cuarta en 3 paises e unha zona xeográfica, polo que, atendendo a sua extensión, Rosiña do Corazonhe quixo dicir que o significado pexorativo de galego é español!!
Xa sei, dirán: Que español no tiene significado peyorativo, nacionata de merda!
Ó igual que galego só é pexorativo en dous paises de latinoamerica, os cales non foron nin a orixe nin o destino da entrevista, e non aquí, podemos afirmar que español sí que é pexorativo en algúns recantos de Europa. No chamado BENELUX, o Home do saco non leva ós nenos malos, é "o Español" quen o fai... e que hai máis pexorativo que un raptor de meniños? Nada señores, nada hai...
Tamén hai quen dirá: Nacionata de merda! Rosa Díez, nuestra Duce-Caudilla se refería al significado de que "no se sabe si se sube o se baja"...
Ben, outro problema. Nos significados arriba recollidos (vid) non aparece por ningures acepcións como "indeciso", "vacilante", "confuso", "inseguro", polo que na língua castelá non existe tal palabra con tal significado, e dubido moito que Rosiña pasara a falar outro idioma involuntariamente na entrevista... pero todo pode ser...
No fondo, estas declaracións, e as de aqueles que as xustifican están facendo máis polo nacionalismo galego que Castelao, Bóveda e Brañas xuntos a eito!
Por favor, que ninguén faga calar a esta rapariga! que cada vez que fala, un galego faise nacionata...
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet