Comezamos con este análise preelectoral, e vamos analizar as distintas formas de obter información dos candidatos e dos partidos: A súa páxina web.
Nestes últimos tempos, prodúcese un fenómeno cada vez máis frecuente, e é que os distintos partidos cada vez optan por incorporar unha web propia para o candidato e a súa promoción con independencia da propia web do partido.
Pois ben, comezamos.
http://www.recargandogalicia.com/
Esta é a páxina web do candidato do Partido Popular, Alberto Núñez Feijó. É unha páxina bastante fácil de manexar e bastante completa na información que ofrece. Nela podemos atopar o programa co que este partido se presenta ás eleccións, tamén ofrece a posibilidade de contactar e formular propostas, noticias sobre o candidato, así como a súa biografía e a televisión do candidato. A páxina pódese consultar tanto en galego como en castelán.
O problema que lle atopo es que non consta dunha axenda do candidato, cos distintos actos ós que acode, e tamén que o vídeo de presentación estea en castelán.
http://www.touriño.net/
A páxina do actual presidente da Xunta de Galicia e candidato polo PSdeG tamén ofrece un deseño sinxelo, bastante fácil de manexar, aínda que o contido non é tan variado como no caso anterior. Non ofrece, por exemplo, a posibilidade de ver o programa electoral. Sen embargo presenta un claro obxectivo: potenciar a imaxe de liderazgo do candidato, cousa que comparte co caso anterior.
Recolle axenda do candidato, así como as novas nas que é protagonista, contacto para facer peticións. Non ofrece a posibilidade de ver esta páxina en castelán.
http://www.bng-galiza.org/
No caso do partido nacionalista, o candidato preséntase, non con unha páxina propia, senón baixo a marca do propio partido.
Como non podía ser de outra maneira, conten moita información e moi detallada sobre actos e axenda. Tamén hai un espazo para a televisión do candidato. Sen embargo, carece de oferta do programa electoral do partido.
Pero vaiamos ó realmente interesante de todo isto: ¿Alguén ten Facebook?
A resposta é si, Feijó ten canal en Youtube, FlickR, Tuenti, Blogger e Facebook.
Touriño ten Facebook e FlickR.
Para rematar Quintana ten Facebook e FlickR.
Tendo en conta isto o candidato que está a última (ou que é un viciado do Facebook) e Feijó, polo que anota o seu primeiro tanto!

Veremos o que fan os demais para recortar distancias...jajajaja
No hay comentarios:
Publicar un comentario