Fai xa algún tempo que o BNG está perdendo forza no conxunto da poboación, pero, que sucede? porque pasamos dun goberno onde participan os nacionalistas, a cada vez perder máis e máis votos?
Pois ben, hai tantas teorías coma votantes ten. Cada un ten o seu motivo.
Os militantes máis de esquerda afirman que o BNG estase aburguesando, que xa non é tan combativo como o de hai 20 anos.
Os militantes máis centristas din que a organización do BNG esta "secuestrada" por un partido radical, que o único que busca é a bronca.
Que haxa varias formas de ver as cousas nun partido, ó contrario do que se pensa por ahí, non é malo. Non significa que non hai unión. Todo o contrario, significa que habendo diferencias, éstas supéranse e se manifestan con normalidade. O problema está no equilibrio de posturas. Me refiro a que se nun partido hai dúas correntes dominantes, enfrentándose tódolos días e poñéndo zancadas uns ós outros, o que se manifesta é esa falta de equilibrio.
Obviamente non se pode contentar a todos, pero se facemos unha análise máis sosegada, atopamos que o BNG foi perdendo parte desa carga ideolóxica que viña mantendo, e un dos motivos claros foi para achegarse e poder pactar con PSdeG, que o contrario do que convendría pensar, é o seu rival político dereito, posto que os dous partidos disputan os votos situados na centro-esquerda.
Tamén atopamos que o partido ven de ter a mesma estructura, o mesmo proceso de decisión (maioría absoluta da UPG) que hai 20 tantos anos. Pero o tempo pasou, e xa non estamos na mesma situación que no pasado, e manter unha corrente hexemónica dentro do partido, si, dálle consistencia interna, disciplina, mais, réstalle flexibilidade e rapidez de adaptación ós novos contornos.
Baixo o meu punto de vista, cometéronse varios erros:
- Rebaixar a carga ideolóxica para poder pactar. Os pactos de goberno, aínda que sexa para que non goberne o PP, non se deben suscribir a calquera prezo.
- Participar en gobernos de coalición. Deberíase poder facilitar, cun límite como xa dixen no apartado anterior, o acceso ós gobernos a partidos de esquerdas, máis non participando directamente neles. Non se pode ser goberno e oposición á vez. Por iso a xente ten a impresión de que hai dous gobernos en lugar dun.
- Contentarse con facer política dende o Parlamento. Esta ben facer propostas, interpelacións, expresar opinións, pero a verdadeira política está na rúa, e o partido que así o entende gaña eleccións. Tamén sería bo contar cun "pseudo-gabinete". Xa Sabemos que os grupos parlamentarios divídense as áreas e coñecemento, mais se isto ocorrese tamén fora do parlamento... Quero dicir, se cada vez que o Conselleiro de tal abrise a boca, o responsable de tal do partido (non o que está no parlamento, ese xa ten a súa función) dese a súa opinión diante dos medios e dos cidadáns, teríamos moito gañado, o cidadán vería que o partido se move, e aínda que non goberne, estará listo para cando o teña que facer.
Esta é a miña humilde opinión para quen a queira coller.
Atopei este blog de casualidade polo chuza, realmente concordo en moito da análise sobre o BNG.
ResponderEliminarOs meus parabens pola gran sintese pero profunda análise.
www.belay.es
Abandonamos a uopía e acadamos a distopía. como podes ver no post que che ligo, coincidimos plenamente. Quixemos coller o atallo para chegar ó poder e agora estamos perdidos. Levaranos un tempo encontrar o camiño.
ResponderEliminar