12.02.2009

"MANIFIESTO EN DEFENSA DEL CASTELLANO: Telecinco se adhiere al Manifiesto de la defensa del castellano"


Podería dicir que sobran as palabras, ou que, seguindo o plantexamento desta canle, as miñas palabras non valen por non estar escritas en castellano cervantino. Pero non vou quedar calado.
Este manifesto, plantexado por "intelectuales" da talla de Fernando Savater, Rosa Díez e Mario Vargas Llosa.
Fernando Savater e Rosa Díez proveñen do nacionalismo centralista-español froito da presión abertzale, polo que ata vexo comprensible que consideren que todo aquelo que é diferente poida supor un risco. En canto a Vargas Llosa, eu como Sofía Mazagatos: "No he leído nada de él, pero lo sigo". Resulta que leva dende a década dos 80 intentando meterse en política no Perú. O goberno de José María Aznar concedeulle a cidadanía española, así que, creo que non tardaremos moito en ve-lo no Congreso Español... Vamos, un fato de oportunistas que crean un movemento cun ánimo meramente instrumental.
O que non entendo eu é como nas noticias din que o castelán ten boa saúde, que cada vez ten máis falantes e máis xente o escolle para estudar como segunda língua poden estes "intelectuales" afirmar que o castelán está en perigo, que corre o risco de desaparecer. Quen está equivacado? A RAE ou estes "intelectuais"?
Volvendo a Telecinco, penso que foi algo desacertado aderirse a este manifesto. Tomar partida sí, por un movemento tan político, que neutralidade lle outorga a esta canle?
En resumen, co que me quedo eu é con que Telecinco entende a diversidade cultural como unha ameaza de tal calibre que merece ser exterminada usando os instrumentos dos que dispon o Estado, en contra do mandato constitucional de protección da diversidade.
Pois se Telecinco quere protexer o castelán, que empeze por el mesmo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet