1.26.2010

21 días... falando galego


Hola, Son Samanta Villar e son periodista.
Milleiros de persoas viven cada día falando soamente unha língua, o galego. Saen a rúa, fan a compra... Nembargantes, algo que parece un feito tan normal como é falar unha língua, tórnase en un verdadeiro suplicio. Porque a xente é sometida a tal calvario?
Pasarei 21 días falando galego, e vivirei situacións como que alguén se negue a facerme unha entrevista de traballo por falar en galego, ou a imposibilidade de ver unha película no cine en galego...
Toda unha mostra de estoicismo linguístico que vivirei en primeira persoa.
Isto é 21 días falando galego.

3 comentarios:

  1. En todo caso, que sexan 365 días falando galego e 21 fachendeando delo! ;-)

    ResponderEliminar
  2. Ola, hai unha semana comecei coa actividade 21 Días co galego no IES da Pobra do Caramiñal, ata hoxe descoñecía este post, só quería deixar constancia da miña ignorancia e de que de telo coñecido antes tería feito referencia a el no proxecto.
    Saúdos
    PD: Sempre hai alguén a quen se lle ocorreu a idea antes.

    ResponderEliminar

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet