11.19.2010

Galitopía II: Mobilidade, tan importante e tan esquecida.

Retomando a serie adicada á mellora da nosa terra e do benestar dos seus habitantes, hoxe decídome pór o ollo no sistema de transportes.

Durante este periodo de crise que estamos vivindo, teño escoitado moitas receitas maravillosas, casi máxicas para sairmos dela, como a reducción do déficit, a privatización de servizos...
Pero pensando en clave máis económica e menos política, doume conta dunha cousa: nada disto importa.

Explícome:

España (e diría Europa tamén) é un país cunha serie de recursos limitados (limitadísimos se falamos en termos de fontes de enerxia). Non me refiro as enerxías renovabeis, que polo de agora aínda non son o presente, senón as de carácter fósil. Tendo en conta isto e en que somos un país con 40 millóns de coches circulando
e chupando gasolina, pronto nos topamos con que España gasta unha cantidade enorme en importar fontes de enerxía, o que nos fai máis febles diante das variacións dos prezos destes productos, así como dependentes dos mercados.

Pois ben, nestes case 4 anos de crise que levamos aínda non escoitei a ninguén dicir que se podería facer unha aposta polo transporte público, máis barato, máis ecolóxico e que podería axudar a equilibarar a balanza
comercial.

Eu o propoño. Propoño gravar un pouco máis o uso do coche privado e invertir no transporte público. É algo que me indigna, pensar que unha persoa ten moito máis fácil saír de Galicia que circular por ela en transporte público. Ou que para ir de Lugo a Vigo tardes 3 horas cando apenas as separan 140 kms.

Outra cousa que me chama a atención é a cantidade de polígonos industriais que hay espallados o longo da nosa paisaxe, pero se estar conectados con ningún tipo de servizo de transporte público, como se alguén quixera poñer barreira no seu acceso.
E así están, valeiros, como se tivese arado o campo
pensando que facendo iso xa ian vir soiñas as patacas, sen sementalas.

Faise imprescindible artellar unha verdadeira rede intermodal de tranporte público en diversos niveis:



Nivel urbano ou local: tratando de conectar os diversos núcleos de poboación. Somos unha terra que ten unha dispersión poboacional enorme, o que encarece a prestación de servizos. Por iso, logrando a mobilidadade neste nivel poderíase c
oncetrar a oferta de servizos nun núcleo, pero coa seguridade de que ninguén ficará sen poder acceder a eses servizos.

Nivel interurbano: Atendendo as dinámicas
poboacionais/sociais que xurden entre as diversas vilas
e cidades. Trátase de fomentar a permeabilidade, a mobilidade, o cal redundará na economía e no mercado de traballo. Trátase dunha rede de proximidade, de cercanías que vertebra o territorio.







Nivel Rexional: Barbaridades coma que Xinzo só esté conectada con Ourense por un tren no día non se deben consentir. Así non hay transporte sustentable e sostibel, senón que se converte nunha boca profunda e negra onde enterrar os cartos. A xente non o usa porque só hai un tren a deshoras, e so hai un tren a deshoras porque a xente non o usa. Alguén tera que quitar o rabo da boca do peixe.

Por iso, estes sistemas só funcionarán se cumplen unha serie de requisitos:
- Frecuencias adecuadas.
- Prezos asequibles.
- Facilidade de acceso.
Esta última fainos chegar ó concepto de Intermodalidade, e dicir, á realidade de que aínda que a parada do cercanías esté a 9 kms, non pasa nada, porque cada 7 minutos pasa un bus urbano diante da miña porta que me deixa na porta da estación. Iso é comodidade.
Tamén é obvio que esta proposta implica un cambio de mentalidade xigantesco na sociedade, onde estamos acostumados a tratar co individualismo, a comodidade individual e a inmediatez.

Un sistema de transporte público de calidade para aforrar, para vertebrar e para medrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet