1.21.2011

Bebe con moderación


Ás veces, un pouco de frivolidade sáltame á cabeza... así estou hoxe... Por iso colo aquí a miña evolución alcólica que moitos compartiredes e outros non... éche así...




1.06.2011

Te prohibieron fumar en espacios públicos, no razonar!!

En Supermodelo 2006, ás concursantes fixéronlles un cambio de imaxe. Houbo unha que non o tomou moi ben, e pasaba o día enteiro chorando. Valerio Pino, xa farto de tanta chorimiqueira e tanta tonteria, colleuna e berroulle (con ese acento italiano que tanto marcas os "r"): ¡¡Te cortaron el pelo, no el cerebro!!
Algo así estame a pasar estes días, coa prohibición de fumar en espazos públicos pechados. Comprendo que para os fumadores sexa unha putada, pero iso non xustifica a sarta de barbaridades que teño escoitado (Pérez-Reverte, dedícate a escribir libros e deixa de facer politiqueo demagóxico barato... despois como non vai estar polo chan o índice de confianza na clase política).
Por concretar vou, falar deses lugares comúns ós que todos os contertulios de La Noria caen para atacar esta medida:
  • O feito de que sexa unha prohibición. O cal, non sei porqué, menoscaba a miña liberdade.
  • O feito de que os hosteleiros fixeran reformas no seu local para adaptalo á lei anterior.
Resulta que a xente ve moi mal que se prohiba fumar, pero non ve mal que obriguen a fumar. Non pensan que que unha persoa fume obriga a quen está ó seu lado fume tamén. Isto é unha intromisión na intimidade e unha violencia tremenda. ¿Que pensaríamos se un día pola rúa vemos que catro tipos inmovilizan a outro, lle poñen un cigarro encendido na boca e lle obrigan a fumar? Ó contrario que outros vicios, o tabaco non só implica a quen fume, senón a quen está ó lado.
De todas formas, vemos mal que prohiban fumar porque menoscaba a nosa liberdade. ¿E a miña liberdade para levar roupa das tendas sen pagar? ¿E a miña liberdade para montar escándalo en casa ata as tres da mañán? A ver se se nos vai metendo na cabeza que liberdade implica unha serie de obrigas e de responsabilidades, e que é iso, liberdade e non libertinaxe.

En canto as reformas nos bares, de todos os bares que frecuento normalmente ningún tiña feito reformas de ningún tipo. Algúns puxeron un biombo para separar zonas (cousa que non era legal).
E iso de que os pobres fumadores estaban en cubículos illados mentres nós os non fumadores os miramos de mala cara é falso. Mesmo había sitios onde había carteis de non fumar onde a xente fumaba igual (véase la parte de arriba del Ruta).

Pero bueno, eu seguirei igual, e cada vez que alguén diga algo sobre este tema, pensarei: Non pasa nada, é o tabaco o que está a falar.

11.27.2010

Tinc una pregunta per a vosté


Xa é domingo e nos podemos saltar a xornada de reflexión...

Levo un par de semanas con este tema na cachola
, en concreto dende aquel Tinc una pregunta per a vosté, onde apareceu a mi
ña musa de hoxe: Alicia Sánchez Camacho.Esta é a candidata á presidencia da Generalitat de Catalunya polo PP, unha elementa de moito coidado, posto que máis alá das súas irresponsables promesas (200 euros máis para cada pensionista, deducción de 600 euros por fillo escolarizado en centro concert
ado...), a min o que me rebenta é a hipocresía desta tiparraca e do seu séquito
(Rajoy á cabeza).

Resulta que no citado programa da delegación catalana da RTVE esta señora dixo iso que xa sabemos; "No lo considero matrimonio...bla bla bla... hombre y mujer... bla bla bla, peras y manzanas"; ao que o PP nos ten acostumados e engadiu algo máis, que os matrimonios homosexuais no deberían poder ter o dereito de adoptar ou criar (CRIAR) fillos porq
ue os fillos necesitan ter unha nai e un pai. E isto o di esta señora que é nai solteira por inseminación artificial. Vamos, menudo exercicio de coherencia. Facendo un símil drástrico/dramático é como si a un asesino o nomeamos xuiz e o poñemos a dictar s
entenzas sobre outros asasinos...

Pero non foi esta a única sorpresa que nos tivo dado esta mulleriña, e o s
eu partido, claro está. Segúndo ela, Nuevas Generaciones (a asociación española con máis homosexuais e máis neonazis por metro cadrado) fixera un videoxogo no que Alicia loitaba as mafias que trafican con inmigrantes ilegais. Pero os rapaciños, no seu evoluir adolescente-hormonal decidiron cambiar un pouco o tema e darlle máis "vidilla", así
pois, Alicia nos lombos dunha gaivota se adica a disparar e matar inmigrantes, símbolos independentistas e algún que outro cidadán, supoño... Esto pode ter dúas interpretacións:
  1. Nuevas Generaciones na realidade é una panda de socialistas que lle queren arruinar a campaña.
  2. O coordinador da campaña electoral do PP estaba a por uvas nese intre.
Eu, en realidade quedei coas ganas de probar o xogo no que a Alicia voadora seme
nta o terror nas rúas catalás con actos de kaleborroka contra cidadáns, pero su
poño que en Sony-PlayStation xa andan tras a idea e seguro que será o bombazo deste nadal 2010-2011. Aí vo-lo deixo.



11.19.2010

Galitopía II: Mobilidade, tan importante e tan esquecida.

Retomando a serie adicada á mellora da nosa terra e do benestar dos seus habitantes, hoxe decídome pór o ollo no sistema de transportes.

Durante este periodo de crise que estamos vivindo, teño escoitado moitas receitas maravillosas, casi máxicas para sairmos dela, como a reducción do déficit, a privatización de servizos...
Pero pensando en clave máis económica e menos política, doume conta dunha cousa: nada disto importa.

Explícome:

España (e diría Europa tamén) é un país cunha serie de recursos limitados (limitadísimos se falamos en termos de fontes de enerxia). Non me refiro as enerxías renovabeis, que polo de agora aínda non son o presente, senón as de carácter fósil. Tendo en conta isto e en que somos un país con 40 millóns de coches circulando
e chupando gasolina, pronto nos topamos con que España gasta unha cantidade enorme en importar fontes de enerxía, o que nos fai máis febles diante das variacións dos prezos destes productos, así como dependentes dos mercados.

Pois ben, nestes case 4 anos de crise que levamos aínda non escoitei a ninguén dicir que se podería facer unha aposta polo transporte público, máis barato, máis ecolóxico e que podería axudar a equilibarar a balanza
comercial.

Eu o propoño. Propoño gravar un pouco máis o uso do coche privado e invertir no transporte público. É algo que me indigna, pensar que unha persoa ten moito máis fácil saír de Galicia que circular por ela en transporte público. Ou que para ir de Lugo a Vigo tardes 3 horas cando apenas as separan 140 kms.

Outra cousa que me chama a atención é a cantidade de polígonos industriais que hay espallados o longo da nosa paisaxe, pero se estar conectados con ningún tipo de servizo de transporte público, como se alguén quixera poñer barreira no seu acceso.
E así están, valeiros, como se tivese arado o campo
pensando que facendo iso xa ian vir soiñas as patacas, sen sementalas.

Faise imprescindible artellar unha verdadeira rede intermodal de tranporte público en diversos niveis:



Nivel urbano ou local: tratando de conectar os diversos núcleos de poboación. Somos unha terra que ten unha dispersión poboacional enorme, o que encarece a prestación de servizos. Por iso, logrando a mobilidadade neste nivel poderíase c
oncetrar a oferta de servizos nun núcleo, pero coa seguridade de que ninguén ficará sen poder acceder a eses servizos.

Nivel interurbano: Atendendo as dinámicas
poboacionais/sociais que xurden entre as diversas vilas
e cidades. Trátase de fomentar a permeabilidade, a mobilidade, o cal redundará na economía e no mercado de traballo. Trátase dunha rede de proximidade, de cercanías que vertebra o territorio.







Nivel Rexional: Barbaridades coma que Xinzo só esté conectada con Ourense por un tren no día non se deben consentir. Así non hay transporte sustentable e sostibel, senón que se converte nunha boca profunda e negra onde enterrar os cartos. A xente non o usa porque só hai un tren a deshoras, e so hai un tren a deshoras porque a xente non o usa. Alguén tera que quitar o rabo da boca do peixe.

Por iso, estes sistemas só funcionarán se cumplen unha serie de requisitos:
- Frecuencias adecuadas.
- Prezos asequibles.
- Facilidade de acceso.
Esta última fainos chegar ó concepto de Intermodalidade, e dicir, á realidade de que aínda que a parada do cercanías esté a 9 kms, non pasa nada, porque cada 7 minutos pasa un bus urbano diante da miña porta que me deixa na porta da estación. Iso é comodidade.
Tamén é obvio que esta proposta implica un cambio de mentalidade xigantesco na sociedade, onde estamos acostumados a tratar co individualismo, a comodidade individual e a inmediatez.

Un sistema de transporte público de calidade para aforrar, para vertebrar e para medrar.

De volta...


Volta do verán, e xa adentrándonos nos trémulos días de inverno, retomo a miña actividade "bloguista bitacoreira" dende o burato negro que é Madrid. Non o digo con ningún tipo de sentimento ou resentimento, non.
É un gran burato negro que traga cada vez máis cousas e que fai que todo xire o seu redor. Así é esta cidade, o embigo do mundo para aqueles que a habitan. Para min a certeza de que hai outros mundos, outras realidades, outros moitos embigos e buratos negros...

6.09.2010

Europa está que arde!

Fago un pequeno paréntese na miña serie Galitopía para determe un pouco na situación que estamos a atravesar, con isto da crise, de Grecia, Hungría, España, os PIIGS (antes coñecidos como PIGS) e que dentro de nada serán coñecidos como PIIGSFBNOUK...
Vou ser breve porque e mellor dicir o que penso con brevidade e así a claridade o require.
A Unión Europea atópase nun momento delicadísimo, poderíamos dicir que está na UCI económica. De feito, periodistas serios (sí, eses que non falan de Belén Esteban) xa poñen en entre dito a continuidade da unión monetaria, pero, é tan grave o que está a pasar?
Non nos enganemos, a cousa é grave, moi grave, e pode ser que nun par de anos a UE como a coñecemos faga PUFF! e desapareza. Pero, no meu afán está ser optmista, polo que digo: a UE como a coñecemos. E ante isto hai dous camiños:

  1. Pode ser que cada estado faga as súas políticas económicas sen pensar no conxunto da Unión, o cal non tería un efecto potente, posto que actualmente os estados carecen de políticas monetaria (que pertence o BCE) e por tanto, por moitos axustes económicos que se produzan, sen tocar a política monetaria, o alcance de estes axustes sera mínimo; polo que os estados irán abandoando o Euro para re-facerse donos da súa propia política monetaria.
  2. Pode ser que nun ataca de lucidez dos estados se opte por unha integración económica máis profunda, e deleguen na UE parte das súas competencias económicas, o cal permitiría facer fronte a crise dunha forma máis global, e se evitaría espectáculos como cando mentres Grecia afundía todos estábamos agardando o visto e prace de Alemania, demorado por unhas eleccións rexionais. Non pode ser isto. Por iso, unha UE con capacidade na economía evitaría moitos males que xa estamos padecendo.

Eu agardo que os nosos dirixentes opten pola segunda vía, posto, se ben, que desapareza a UE non é o fin do mundo, non sería nada positivo o que poida producir esa rotura.

É unha incongruencia que se teña capacidade de manobrar na política monetaria e se careza de capacidade (máis alá de facer previsións, recomendacións e chamadas de atención) en política económica.

Xa o dixen pero: Creo nunha Europa Federal e nunha Galiza Comarcal.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet