1.06.2011

Te prohibieron fumar en espacios públicos, no razonar!!

En Supermodelo 2006, ás concursantes fixéronlles un cambio de imaxe. Houbo unha que non o tomou moi ben, e pasaba o día enteiro chorando. Valerio Pino, xa farto de tanta chorimiqueira e tanta tonteria, colleuna e berroulle (con ese acento italiano que tanto marcas os "r"): ¡¡Te cortaron el pelo, no el cerebro!!
Algo así estame a pasar estes días, coa prohibición de fumar en espazos públicos pechados. Comprendo que para os fumadores sexa unha putada, pero iso non xustifica a sarta de barbaridades que teño escoitado (Pérez-Reverte, dedícate a escribir libros e deixa de facer politiqueo demagóxico barato... despois como non vai estar polo chan o índice de confianza na clase política).
Por concretar vou, falar deses lugares comúns ós que todos os contertulios de La Noria caen para atacar esta medida:
  • O feito de que sexa unha prohibición. O cal, non sei porqué, menoscaba a miña liberdade.
  • O feito de que os hosteleiros fixeran reformas no seu local para adaptalo á lei anterior.
Resulta que a xente ve moi mal que se prohiba fumar, pero non ve mal que obriguen a fumar. Non pensan que que unha persoa fume obriga a quen está ó seu lado fume tamén. Isto é unha intromisión na intimidade e unha violencia tremenda. ¿Que pensaríamos se un día pola rúa vemos que catro tipos inmovilizan a outro, lle poñen un cigarro encendido na boca e lle obrigan a fumar? Ó contrario que outros vicios, o tabaco non só implica a quen fume, senón a quen está ó lado.
De todas formas, vemos mal que prohiban fumar porque menoscaba a nosa liberdade. ¿E a miña liberdade para levar roupa das tendas sen pagar? ¿E a miña liberdade para montar escándalo en casa ata as tres da mañán? A ver se se nos vai metendo na cabeza que liberdade implica unha serie de obrigas e de responsabilidades, e que é iso, liberdade e non libertinaxe.

En canto as reformas nos bares, de todos os bares que frecuento normalmente ningún tiña feito reformas de ningún tipo. Algúns puxeron un biombo para separar zonas (cousa que non era legal).
E iso de que os pobres fumadores estaban en cubículos illados mentres nós os non fumadores os miramos de mala cara é falso. Mesmo había sitios onde había carteis de non fumar onde a xente fumaba igual (véase la parte de arriba del Ruta).

Pero bueno, eu seguirei igual, e cada vez que alguén diga algo sobre este tema, pensarei: Non pasa nada, é o tabaco o que está a falar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet