9.03.2011
1.21.2011
Bebe con moderación

1.06.2011
Te prohibieron fumar en espacios públicos, no razonar!!
- O feito de que sexa unha prohibición. O cal, non sei porqué, menoscaba a miña liberdade.
- O feito de que os hosteleiros fixeran reformas no seu local para adaptalo á lei anterior.
11.27.2010
Tinc una pregunta per a vosté

- Nuevas Generaciones na realidade é una panda de socialistas que lle queren arruinar a campaña.
- O coordinador da campaña electoral do PP estaba a por uvas nese intre.

11.19.2010
Galitopía II: Mobilidade, tan importante e tan esquecida.


Nivel interurbano: Atendendo as dinámicas
De volta...

Volta do verán, e xa adentrándonos nos trémulos días de inverno, retomo a miña actividade "bloguista bitacoreira" dende o burato negro que é Madrid. Non o digo con ningún tipo de sentimento ou resentimento, non.
6.17.2010
6.09.2010
Europa está que arde!
Fago un pequeno paréntese na miña serie Galitopía para determe un pouco na situación que estamos a atravesar, con isto da crise, de Grecia, Hungría, España, os PIIGS (antes coñecidos como PIGS) e que dentro de nada serán coñecidos como PIIGSFBNOUK...Vou ser breve porque e mellor dicir o que penso con brevidade e así a claridade o require.
A Unión Europea atópase nun momento delicadísimo, poderíamos dicir que está na UCI económica. De feito, periodistas serios (sí, eses que non falan de Belén Esteban) xa poñen en entre dito a continuidade da unión monetaria, pero, é tan grave o que está a pasar?
Non nos enganemos, a cousa é grave, moi grave, e pode ser que nun par de anos a UE como a coñecemos faga PUFF! e desapareza. Pero, no meu afán está ser optmista, polo que digo: a UE como a coñecemos. E ante isto hai dous camiños:
- Pode ser que cada estado faga as súas políticas económicas sen pensar no conxunto da Unión, o cal non tería un efecto potente, posto que actualmente os estados carecen de políticas monetaria (que pertence o BCE) e por tanto, por moitos axustes económicos que se produzan, sen tocar a política monetaria, o alcance de estes axustes sera mínimo; polo que os estados irán abandoando o Euro para re-facerse donos da súa propia política monetaria.
- Pode ser que nun ataca de lucidez dos estados se opte por unha integración económica máis profunda, e deleguen na UE parte das súas competencias económicas, o cal permitiría facer fronte a crise dunha forma máis global, e se evitaría espectáculos como cando mentres Grecia afundía todos estábamos agardando o visto e prace de Alemania, demorado por unhas eleccións rexionais. Non pode ser isto. Por iso, unha UE con capacidade na economía evitaría moitos males que xa estamos padecendo.
Eu agardo que os nosos dirixentes opten pola segunda vía, posto, se ben, que desapareza a UE non é o fin do mundo, non sería nada positivo o que poida producir esa rotura.
É unha incongruencia que se teña capacidade de manobrar na política monetaria e se careza de capacidade (máis alá de facer previsións, recomendacións e chamadas de atención) en política económica.
Xa o dixen pero: Creo nunha Europa Federal e nunha Galiza Comarcal.
5.22.2010
Galitopía I: Organización Territorial da Galiza post-colonial.

Escudo da futura Comarca-Concello do Morrazo
Comezo unha serie na que porei sobre a mesa debates que dende a transición están dunha mala maneira pechados, cando penso que é tempo de cuestionarse certas cousas que nos permitirían desenrolarnos como país. Isto de desenrolarnos como país non é unha cousa de nacionalistas tolos ou independentistas trastornados, non, desenrolarse como país supón mellorar no benestar dos cidadáns, non se trata de algo etéreo, intanxible senón que redundará nos beneficios (sociais, económicos, culturais, políticos…) que os cidadáns precisan.
E comezando polo principio: Organización Territorial.
Quero aclarar que non quero facer un post exhaustivo, posto que isto non é unha tese doutoral, alén diso, e pura e dura inventiva e opinión miña. Comecemos…
Sempre estiven seguro do meu parecer a este respecto: Europa Federal, España Federal e Galiza Comarcal.
Actualmente o noso país se organiza en concellos (municipios) e provincias. Esta organización deriva do sistema napoleónico de administración que adoptou España no século XIX coa reforma da planta provincial. Son institucións foráneas que nada teñen que ver coa organización territorial tradicional galega (Parroquias e Comarcas).
Pero, e se mañán Galiza tornara independente? Obviamente o modelo tería que mudar completamente este modelo territorial:
1) Fin do municipalismo e nacemento do comarcalismo. O modelo de a cadanseu pobo, un concello, non é sostible, polo que faise necesario voltar á comarca como unidade básica do poder local. O que fai que as comarcas sexan ‘concellos’ máis grandes, con máis poboación e nos que sería máis sinxelo lograr a coordinación tanto intercomarcal (non é o mesmo coordinar 315 concellos que 50 cocellos-comarcas) e intracomarcal (posto que habería máis recursos e máis facilidade de tomar decisións que afecten a máis de un núcleo de poboación).
2) A Parroquia, pero non a parroquia eclesiástica. No seu marco tomaríanse as decisións veciñais e se demandaría a actuación das outras administracións do país. Nela se elixiría a Xunta de Parroquia de entre os veciños da mesma que se decidan presentar. Mesmo poderían rexerse por un sistema de concello aberto (democracia directa). Así, as parroquias serían os ladrillos cos que se construiría toda a estrutura da organización territorial galega.
O réxime parroquial podería modificarse establecendo parroquias rurais e urbanas, atendendo o número poboacional, etc…
3) Tamén se poderían crear Áreas Metropolitanas, formadas por parroquias que así o decidisen.
Redefinir as competencias nas que estes entes poda ter capacidade de decisión, de xestión e de organización tamén é algo necesario.
En definitiva, un novo modelo territorial é necesario, no que se reduza o número de concellos e no que se cren institucións que permitan ós cidadáns a participación na toma de decisións.
5.06.2010
5.03.2010
4.27.2010
Non a calquera prezo
4.22.2010
Porque rexeito esta España?
Dun tempo a esta parte, veño cavilando moito sobre a miña identificación como español, o que iso significa e o que supón, e como conclusións só tirei dúas:4.17.2010
O Tribunal Inconstitucional: Segunda Parte

O Tribunal Constitucional está integrado por doce membros, que ostentan o título de Maxistrados do Tribunal Constitucional. Son nomeados polo Rei mediante Real Decreto, a proposta das Cámaras que integran as Cortes Xerais (catro polo Congreso do Deputados e outros catro polo Senado, e por maioría de 3/5 dos votos dos membros de cada Cámara), do Goberno(dous) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (dous).
A designación para este cárrego efectúase por un período de nove anos, debendo recaír en cidadáns españois que sexan Maxistrados ou Fiscais, Profesores de Universidade, Funcionarios públicos ou Avogados, todos eles deben ser xuristas de recoñecida competencia e con máis de quince anos de exercicio profesional. Os Magistrados renóvanse nunha terza parte cada tres anos.
E todo isto porque uns homes, na Transición decidiron este sistema para garantizar o xurdimento de maiorías e acordos para poder renovalo, pero o que lograron foi dotar dunha gran inoperancia este órgano.
Porqué non pensaron en que estes membros foran sometidos á decisión cidadá? mediante unhas eleccións, por exemplo. Tendo en conta que os xuíces non poden estar afiliados a ningún partido non semella que poida haber inferencia dos partidos neste proceso. Tamén se podería adoptar o sistema Estadounidense onde os maxistrados son nomeados polo Presidente con visto e prace das dúas cámaras lexislativas e o seu mandato é vitalicio, pudendo renunciar eles en calquera momento. Tamén poden ser destituidos polo poder lexislativo mediante o procedemento 'impeachment'.
Xustiza Universal:
Pero quen xulga ós que xulgan? Xa di a Biblia 'non xulgues se non queres ser xulgado'. Casos coma os de Egunkaria fanme tremer de medo.
No 2003, os directivos do xornal vasco Egunkaria foron detidos e encarcerados por delitos de terrorismo, de colaboración con ETA e de non sei cantas máis cousas. Foi clausurado o xornal, fóronlle confiscados os bens... Os acusados denunciaron o uso da violencia e torturas no proceso, ó que o Ministro do Interior Ángel Acebes contestou que só os culpables de terrorismo denuncia torturas.
Todo este proceso, levado a cabo pola Audiencia Nacional, terminou a semana pasada coa absolución dos imputados, por atopalos inocentes.
O PP preocupado agora polos seus cargos imputados no Gürttel, di que se está a violar a presunción de inocencia, pero no 2003 onde estaban defendendo a presunción da inocencia desta xente? O Ministro de Interior Acebes violou a presunción de inocencia. Debería ser xulgado? Debería ser xulgado o Fiscal Xeral do Estado daquela? Debería ser xulgada a Audiencia Nacional? Debería ser xulgado o Poder Xudicial?
Debemos pagar nós os erros cometidos na Transición polos nosos pais?
4.06.2010
O Tribunal Inconstitucional:

O Estado Español é un estado democrático, onde as normas son emanadas polo parlamento, expresión da representación dos cidadáns.
Os Parlamentos Autonómicos representan a vontade dos cidadáns desa comunidade autónoma.
O período nomeado vulgarmente como Transición, caracterizouse por un gran consenso político e social.
Estes tres axiomas son aceptados por todos nós cando nolas botan polos medios de comunicación, como verdades absolutas, como mantras que fan falla repetir para que queden gravadas a lume nas nosas mentes políticas, reducindo as poucas neuronas que o noso cerebro político contén.
Verdades absolutas só existen na teoloxía, e inda así eu non poría a man no lume…
Si, as normas emanan do Parlamento, mesmo do Parlamento Autonómico, pero a vida, sobre todo a vida política, nos mostra que isto é ben relativo. Existe un órgano do estado, espurio que decide que norma vale e que norma non vale. O Tribunal Constitucional.
Este órgano é en definitiva o que decide que unha lei pode ser parte do ordenamento xurídico e cal non.
Na miña opinión, correspondería facer unha reforma das súas potestades e do seu funcionamento. E explícome:
Partindo da base de que o texto constitucional non é un texto inmutable, perenne, alfa y omega, fin en si mesmo, etc, senón que é froito dun momento puntual, que pode e debe ser modificado e adaptado ó curso dos tempos, non pode ser que un órgano do estado teime na idea de que unha lei ten que ser constitucional, aínda cando a vontade do pobo, expresado no respectivo parlamento decide que esa norma é necesaria e convinte…
Poñamos un exemplo: A Lei de Caixas da CAG. O PP e o BNG aproban no Parlamento de Galicia unha norma para regular o sistema financeiro galego e o goberno do Estado Español decide pór un recursos de inconstitucionalidade. O Presidente da Xunta enseguida saíu dicindo que se estaba menoscabando o autogoberno galego. Deixando nun lado o bo ou o malo da devandita lei, sería comprensible que unha institución que non reflicte a vontade dos cidadáns poida invalidar unha resolución dunha institución que si a representa? E dicir, nós os cidadáns temos que estar suxeitos a un sistema de fai trinta anos? E o que é máis grave, pódese recorrer a este tribunal para dirimir discusións políticas?
Outro caso, máis representativo, o Estatut de Catalunya. Norma emanada e aprobada polo Parlamento Catalán, polo Parlamento do Estado Español e aprobado en referendo popular polos propios cidadáns. Pois é posible que esta lei (non esquezamos que un Estatuto non é máis que unha lei orgánica algo particular) poida ser invalidada por un órgano non representativo, instado por un partido político, mediante a interpretación subxectiva e persoal da Constitución.
Isto, sen falar dese partido político, que defende que o Goberno Central menoscaba o autogoberno galego por recorrer unha norma saída do Parlamento Galego e non considera menoscabo o recorrer unha norma saída do Parlamento Catalán, aprobado no Parlamento Español e aprobado en referendo popular.
A solución? Pois é difícil de dicir e quizais a solución sexa inconstitucional. Tal vez a solución viría dada por unha nova constitución ou un novo modelo autonómico, similar ó federalismo alemán, no que o Parlamento Central lexisle e o Goberno Autonómico execute. Non sei. O que está claro é que estase a utilizar unha institución como o Tribunal Constitucional para facer recortes onde o Poder Constituinte non quixo pór trabas. De feito, ó meu parecer, nada ten que ver a aplicación actual que se fai da Constitución con aquel espírito co que naceu…
3.23.2010
Válete do Valedor
Como criticar é libre, e internet é un medio estupendo para facelo, decidín poñer unha queixa do Valedor no Valedor, a ver se vale ou non vale:
No día 22 de marzo de 2010, D. Benigno López, Valedor do Pobo, comparecía no Parlamento de Galicia e afirmaba (con respecto ó BNG) diante das tres forzas políticas con representación no mesmo que 'non poden ir cunha pistola no peito a cada cidadán para que fale galego'.Quero recordarlle ó Sr. López que o artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 (en vigor, e sen ningunha cuestión de inconstitucionalidade) propón: 'Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e POTENCIARÁN a utilización do GALEGO en tódolas ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.' Supoño que con pistolas no peito non se pode 'obligar' a que se fale galego, pero co Estatuto na man si.
Por outra banda, quero lembrarlle que a liberdade lingüística á que fixo referencia na súa intervención só se pode exercer coñecendo os dous idiomas (o galego e o castelán) e que esa liberdade lingüística non se refire a un suposto dereito de ser ensinado nunha ou noutra língua. Como poderíamos escoller entre usar o galego e o castelán se non temos o coñecemento dunha delas?
No seu discurso botei en falta unha alusión ó proxecto de decreto que regula o uso do galego no ensino non universitario, no cal, non se recolle o mandato estatutario (e por ende toda a normativa a este respecto aprobada dende a décado dos 80) nin da xurisprudencia existente no tocante a elección por parte dos pais do idioma, nin se recolle a intencionalidade de que os cativos aprendan as dúas línguas para, agora si, no uso da súa libertade decantarse por unha ou outra língua.
Xa para rematar, emprazar ó Sr. López a que pondere moito máis as súas declaracións (como corresponde a unha institución independente) e que non se deixe levar por preconceitos que tanto dano fan á institución que representa, e se no caso de non poder conseguilo, deixar o seu posto, posto que se trata dunha violación do mandato estatutario que lle foi asignado.
Ti podes mandarlle a túa queixa: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
3.10.2010
Lingüística canguesa

3.04.2010
No senso máis pexorativo

*By http://www.seioque.com
O outro día, esta mociña, interpelada polo señor Gabilondo (o xornalista, non o ministro) veu dicir algo como que "Zapatero es gallego en el sentido más peyorativo del término"... GUAU! e "Rajoy es gallego"... GUAU GUAU!!
Todo o mundo alporizouse e rasgouse as vestiduras, inclusive aqueles que levan un tempo dicindo que falar galego só serve para falar cas vacas... meus pobres... Ben, non todo o mundo se enfadou por isto, Rajoy enfadouse porque leva moito tempo querendo disimular as suas orixes como para que veña esta mociña a recordarllas a todo o Estado Español...
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica. libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
3.03.2010
2.28.2010
Guerra de secesión

Parece que nestes tempos estemos a librar unha guerra entre o norte e o sur de Galiza... Na prensa sureña fálase de 'Lobby Coruñés' e no norte fálase de 'Localismo Vigués'... quen leva razón en todo isto... posiblemente ninguén a leve...
Vigo leva un século reclamando ser capital de provincia (división administrativa importada de Francia, que nada ten que ver coa división administrativa típica galega). E Coruña leva tempo intentando que toda institución galega fique na Coruña (véxase como se discutiu cal tiña que ser a capital da CAG)...
Unha gherra al más puro estilo yankee!

Unha vez escoitado o norte e o sur, alguén se presta a escoitar a Galiza?





