1.26.2010

21 días... falando galego


Hola, Son Samanta Villar e son periodista.
Milleiros de persoas viven cada día falando soamente unha língua, o galego. Saen a rúa, fan a compra... Nembargantes, algo que parece un feito tan normal como é falar unha língua, tórnase en un verdadeiro suplicio. Porque a xente é sometida a tal calvario?
Pasarei 21 días falando galego, e vivirei situacións como que alguén se negue a facerme unha entrevista de traballo por falar en galego, ou a imposibilidade de ver unha película no cine en galego...
Toda unha mostra de estoicismo linguístico que vivirei en primeira persoa.
Isto é 21 días falando galego.

1.10.2010

Os matasáns do galego

En memoria de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao

12.02.2009

"MANIFIESTO EN DEFENSA DEL CASTELLANO: Telecinco se adhiere al Manifiesto de la defensa del castellano"


Podería dicir que sobran as palabras, ou que, seguindo o plantexamento desta canle, as miñas palabras non valen por non estar escritas en castellano cervantino. Pero non vou quedar calado.
Este manifesto, plantexado por "intelectuales" da talla de Fernando Savater, Rosa Díez e Mario Vargas Llosa.
Fernando Savater e Rosa Díez proveñen do nacionalismo centralista-español froito da presión abertzale, polo que ata vexo comprensible que consideren que todo aquelo que é diferente poida supor un risco. En canto a Vargas Llosa, eu como Sofía Mazagatos: "No he leído nada de él, pero lo sigo". Resulta que leva dende a década dos 80 intentando meterse en política no Perú. O goberno de José María Aznar concedeulle a cidadanía española, así que, creo que non tardaremos moito en ve-lo no Congreso Español... Vamos, un fato de oportunistas que crean un movemento cun ánimo meramente instrumental.
O que non entendo eu é como nas noticias din que o castelán ten boa saúde, que cada vez ten máis falantes e máis xente o escolle para estudar como segunda língua poden estes "intelectuales" afirmar que o castelán está en perigo, que corre o risco de desaparecer. Quen está equivacado? A RAE ou estes "intelectuais"?
Volvendo a Telecinco, penso que foi algo desacertado aderirse a este manifesto. Tomar partida sí, por un movemento tan político, que neutralidade lle outorga a esta canle?
En resumen, co que me quedo eu é con que Telecinco entende a diversidade cultural como unha ameaza de tal calibre que merece ser exterminada usando os instrumentos dos que dispon o Estado, en contra do mandato constitucional de protección da diversidade.
Pois se Telecinco quere protexer o castelán, que empeze por el mesmo...

11.01.2009

Os socialistas galegos estánse a extinguir...


Hai unha nova especie en perigo de extinción. Non é unha broma, xa nos gustaría poder dicir que así é, sen embargo, os últimos datos científicos publicados así o fan constar, unha nova especie se enfronta ó seu ocaso, o seu fin.
Aínda non podemos dicir se se trata dun efecto inesperado do quecemento do planeta, nin sequera podemos afirmar que só afecte a esta especie, pero, podemos dicir que polo de agora, esta é a máis afectada. Por iso podemos afirmar, sen medo a trabucarnos, que os “socialistas galegos” estanse extinguindo.
Non hai moito tempo, os socialistas galegos poboaban a nosa terra, as nosas institucións. Todos recordamos a eses socialistas galegos manifestándose a favor do Estatuto de Autonomía (en contra do Estatuto da Aldraxe, proposto dende o goberno de Madrid da UCD), ou asistindo ó parto e nacemento de plataformas reivindicativas como a Mesa pola Normalización Lingüística, e que a parte da socialdemocracia profesaban unha non escondida conciencia galeguista (aínda que non nacionalista).
Sen embargo, esta especie endémica, pouco a pouco foi sendo desprazada por outra especie, foránea, “os socialistas españois” tamén chamados “socialistas” ou “os do PSOE”. Esta nova especie, aínda que socialdemócrata, carecía dunha conciencia galeguista, ou mesmo filogalega; normal por outro lado, ó tratarse dunha especie que non foi xerada aquí.
A partires dos 90, fíxose obvia existencia de individuos desta especie no ecosistema da esquerda. Todo recordamos a un tal Vázquez demonizando os postulados nacionalistas, os pactos e o entendemento coa esquerda máis esquerda. Normal, el gobernaba con maioría absoluta e non tiña porque falar tan sequera con nacionalistas. Claro que non hai nada máis instrutivo que uns resultados electorais, e cando os socialistas galegos tiveron que pactar cos nacionalistas galegos para poder co-gobernar, ocorréuselles mandalo a unha difícil misión, máis acorde cos seus postulados e capacidades: Ó estado de Cidade do Vaticano, un dos estados máis democráticos e progresistas de toda a vella Europa.
Pero a semente xa estaba esparexida por aí, e aínda que caladamente, algo se movía no ecosistema da esquerda moderada.
Coa caída do co-goberno socialista-nacionalista galego, as teses menos galeguistas saíron reforzadas, e outro Vázquez fíxose co liderado dos socialistas galegos, e tempo lle faltou para ofrecerse ó PP para poder elaborar un novo estatuto de autonomía, incluso deixando de lado ós nacionalistas galegos, ou de volver a pór un L diante de A Coruña.
Sen dúbida, Vázquez precipitouse ó facer tan públicas as ganas de acabar cos socialistas galegos e substituílos polos do PSOE, pero obviando que en moitos sitios posúen o poder xunto cos nacionalistas, botou a lingua a pacer, e, claro non sentou ben.
É evidente que loitar contra un rival é moito mellor que loitar contra dous, aínda que con un deles se poida chegar a entendemento, por iso esta errónea concepción socialista obreira española na que atacar e menosprezar todo o galego para desprestixiar ó nacionalismo está tan en vigor. E é errónea porque o nacionalismo é unha parte do galego, pero nin tan sequera é a meirande parte, e esta política pasaralles factura, e non hai nada máis instrutivo que uns resultados electorais (se a análise se fai rigorosamente, claro).
Por iso fago este chamamento a toda a xente para que protexamos ós socialistas galegos, para que non acaben por converterse en seres de lenda como os unicornios, e para que acabemos con esta deriva anti-galega que se apoderou do PSdeG alentada polo PSOE.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet