'En Cangas falámosche'sí'
A miña nai, é unha muller que nunca precisou ir máis aló das duas marxes da ría. Non sabe falar castelán. Tampouco nunca lle fixo falta. Ela é feliz, cultiva a leira. Unha vez por semana vai ó Aterrado e vende unha pouca verdura. E con iso, ela é feliz.
Cangas, o Morrazo por extensión, é un lugar peculiar, e iso se reflicte no noso modo de falar. Aínda que eu use a norma ILG-RAG, ás veces penso que non habería galego máis puro que o que fala a miña nai. Moitos dos meus amigos dinme que cando oen á miña nai falar din que fala 'como portugués'. Coido que é pola pronuncia de S, Ç, X, SS... non é o mesmo son 'sapato' que 'toxo' nin 'casa'. Por iso sabemos cando é 'cosida' (cocida) e 'cosida' (cosida).
Esta peculiaridade non remata no seseo e na gheada. Trascende e vai máis aló.
Os nomes:
Así, os nomes que rematan en -á (lá, mazá, irmá, mañá), son pronuciados coma se rematasen en -án. Así dicimos 'mañán pola mañán' ou 'colle unha masán da masanseira' ou 'Veu a túa irmán'.
Os nomes que rematan en -xe, (hoxe, traxe, garaxe), perden ese -e, e pasan a pronunciarse como hox, trax, gharax... 'fun a prasa e comprei moito peix', 'hox pares que chove'...
Á feira, nós dicímoslle: Aterrado (polo lugar onde se fai), Invasores (pola cantidade de xente que vén)
Ás Agullas (o peixe) se é fresco chámase Alcrique, se é en conserva chámase Chandarme. 'Unha lata de chandarmes'.
Cando non da tempo a facer algunha cousa, dicímoslle 'non me deu a virada'.
Cando un neno non vai a clase, 'fai a ghodalla' ou 'colga clase'.
Ós caramuxos dicímoslle 'minchas', e 'andar ás minchas' é andar despistado. Un mincho, demáis é un ghato.
En realidade o mundo mariño está presente na linguaxe, e así temos un sin fin de nomes para denominar ós peixes:
Rinchas, piardas, rapantes, chinchos, croques...
O autobús é a Linea, o periódico é o Faro...
Os verbos:
O verbo facer tórnase regular, e isto reflíctese no futuro de indicativo (farei, farás, fará...); así de faser dicimos eu faserei, ti faserás, el faserá... 'Mamá! xa o faserei máis tarde'.
O verbo parecer, na terceira persoa do singular (parece) perde o -e e prúniciase como 'pares'. 'Pares que abre o día'.
No preterito dos verbos, para a segunda persoa do plural non se usa -stes (collestes, trouxestes, andastes...). No canto, úsase -chedes. 'Colléchedes a linea?' 'Viñéchedes andando' 'Truéchedes o que vos mandei?'
Ademáis, o verbo traer tamén se modifica sustancialmente:
eu trouxen > eu truin,
ti trouxeches > ti trueches,
el trouxo > el truio,
nós trouxemos > nós truemos,
vós trouxestes > vós truéchedes,
eles trouxeron > eles trueron
Outra cousa que é diferente é que o artigo enclítico de 3ª persoa de singular -o ou -a, en correcto cangués é -no e -na. 'Dígono eu e punto', 'Fixona el'.
Os pronomes:
O único que aqui cabe dicir sobre eles, é que a contración entre pronome de obxecto indirecto e directo de terceira persoa non se fai do mesmo xeito. Refírome ós Llelo, Llela, Llelos, Llelas.
'Collinllos a aquela tipa' 'Mireilla todiña!'
Sen dúbida, moitas cousas quedan sen apuntar, pero para iso teredes que vir e falar connosco...
Fervedura: Xeito de ferver o peixe."daslle unha fervedura e xa esta"
ResponderEliminarPanseta:Parte do porco que os injleses chaman "bacon"....Lilia, tes panseta? Ponme doussentos jramos".
Cajonaconaquetevotou: Expresion moi tipica cando se discute con aljen.Tamen se pode disir:Cajonaconaquetefixo,cajonocorono e cajoendiola, pa que sexa mais suave.
botar de mión: traghar as cousas sen lle meter o dente.
ResponderEliminarsitote: parvo, persoa de poucas luses
caghanaman: ghicho que non arría un peso, tamén coñesido como caghapoquito
dar avío: en Massó cando lle viñan ás mulleres as latas tiñan que "dar avío" para poder prosesalas.
bandallo: aghoras serían eses rapases que andan cos pantalóns alá embaixo ensinando o carreiro do cú.
curuto da cabesa: nos curas chámase "coronilla"
molido: trapo que se pon na cabesa pra levar un brasado de herba ou unha tina. Seica lles chaman así aos de Aldán
Crochas: estes son os "michelíns" que saen por embaixo da camiseta
Cotiso: merda, roña
Lardo: merda que queda peghada na roupa
Axoar: empuxar
A de Puri: corteinjles do morraso aberto 24 horas, ten supermercado, charcuteria, bar, carniseria e o impresindible para o botellon. Donde van os da juardiasivil a tomar o chiquito. "vamos a de puri a pola cocacola mais o xeo" "vaime a de puri na amoto"
ResponderEliminarFallado: onde se jardan todo que non usamos pero tampouco tiramos, tamen chamado polos jodechinchos atico. "jarda iso no fallado rapas que ainda pode valer po carnaval do hio"
botar por fora: exaxerar, espumear (véxase espumas)
ResponderEliminarAquelar: verbo de múltiples posibilidades e sustituto de calquera cousa "estou aquelando isto" "vou aquelar o pelo antes de saír", "aquélate un pouco que pareses un desjarbado"
ResponderEliminarApejar: asión de apajado ex. neno apegha o lume da cosiña!!
ResponderEliminarfalta viax
ResponderEliminarEu penso que a academia tamén ten a tarefa de "fixar, limpar e dar explendor", e polo tanto depurar.
ResponderEliminarExemplos:
Eu sigo dicindo "prixel" e non "pirixel" que ten un tufo de influensia jodechincha
Meu pai desía ata fai uns anos "onte", e este ano xa di "ayer"
Meu pai desía antes "peix", agora xa di "pescado", e incluso rebate o uso a palabra "xa que está pescado".
Meu pai sempre pensou que en jallejo sempre se dixo "Juan" e "Blanco" e que "Xan" e "xoan" e "branco" son inventos deses académicos que non saben como a xente fala. Sen embargo non é capás de explicar por que a finca onde está a nosa casa chámase "Xan Branco".
Penso que con estes exemplos queda craro o que quero disir.
E por último, unha frase sélebre dos jodechinchos internos, que tamén os hai -entre eles os desertores do arado e os desertores do can-:
ResponderEliminar"Niña, no le eches espiñas al jato que no es noso y puede esjanar".
Iso oínno eu, e deixo esta frase sélebre pa posterioridade.
Da miña etapa na escola de Don Hermindo, en Balea, quédame "Ghudalla" en ves de "ghodalla", xa que de ves en cando fasíamos a ghudalla no monte dos elefantes ou no castelo.
ResponderEliminarE xa que hox estou produtivo...
ResponderEliminarminiño: rapás pequeno ("bebé" en jodechincho). antes de que sexa "neniño".
arrecontracheghate----. arrexuntateme. achegate a un siteo.
ResponderEliminararrente-- peghado. dame unha botella do arrente a parede.
Un dos comodins por excelencia CHINTÓFANO, que equivale a calquer aparato/ferramenta que non sepas o nome 'pásame ese chintófano que tes enriba da mesa'
ResponderEliminarJadé: Persoa que sempre deixa todo para o final, que non se preocupa por nada ou que fai as cousas de calquer maneira
ResponderEliminarrafia: Planta que se emprega como corda para atar os feises de herba ou para armar a viña
ResponderEliminarpichiclás: chubasqueiro de plástico
ResponderEliminarcarrapicho: coleta pequena