- Son español porque así o pon o meu cartón de identificación.
- Son español por avatares históricos.
Máis aló de todo isto son meras quimeras, elucubracións e fantasías romántico-nacionais.
Porque non me identifico coa idea de ser español? Que é o que me fai percibir ós españois como algo diferente a min?
Na miña reflexión, e non perdendo de vista os feitos recentes que se están a dar e dos que algúns xa teño falados, cheguei a unha serie de conclusións polas que podo dicir que se debe odiar a España.
1º. Pola mentira de que España foi un país exemplar no seu paso dunha ditadura a unha democracia. Se ben e certo que a intención, o punto de partida foi moi bo, posto que non se puxeron coutos a priori, co paso do tempo, sobre todo na década dos 80, empezouse a oir 'de esto no se habla', 'esto no se puede plantear', 'esto es inconstitucional'... Acabouse por converter á Constitución nun fín en si mesmo, nun couto e non nunha plataforma de entendemento. Sres. o mundo mudou e trocou tremendamente dende aquel decembro do 78. E agora estase vendo.
2º. A utilización dun organismo espúreo (espúreo no tocante a elección dos seus compoñentes), que quedou nas mans dos herdeiros de quen gobernou durante 40 anos, para construir a area política. O Tribunal Constitucional no garante o cumprimento da Constitucion, non pode. A Constitución recolle o proceso de elección do Goberno, cuns prazos determinados e unha alternativa no caso de que superados eses prazos non se teña formado Goberno. No caso do Tribunal Constitucional, tamén recolle eses prazos de formación deste órgano colectivo. Pero non hai alternativa no caso de non poder conformalo cando expira o mandato, simplemente se prorroga, aprobeitando o vacío constitucional. Como unha persoa, a cal o mandato se lle terminou no 2007 poida influir decisivamente na vida dos cidadáns e o Goberno diga que non pasa nada? Que pasaría se no 2012 o Presidente do Goberno non convocase eleccións? Estase utilizando un poder do Estado que debería ser independente por parte dunha facción política para limitar a acción de goberno. E iso estase vendo.
3º. O Presidente da Patronal Española levou a 2 empresas súas a quebra, e unha vai de camiño. E sigue mandando, e non demite nen ten visos de demitir. Isto é normal? Como pode ser que o representante último dos empresarios deste Estado sexa un mal empresario? Nun país civilizado xa tería dimitido fai moito tempo. Penso que o representante dos empresarios debe ser o mellor empresario, débeselle esixir moito, moitísimo. Nin o sector empresarial, nin os cidadáns merecen menos; porque con este personaxe no frente, penso que se este home é dos mellores empresarios, non quero nin pensar como serán os peores. E obviamente hai moitos e máis capacitados para dirixir a acción deste colectivo. E iso estase vendo.
4º. Unha lei de partidos, que se aplica dende un tribunal franquista (a Audiencia Nacional antes era o Tribunal de Orden Público, reciclado por Real Decreto no ano 1977), ilegaliza partidos de entorno independentista por non condenar 'explícitamente' a violencia. Ben, eu aínda agardo a que Falange de las JONS ou Democracia Nacional condenen explícitamente a morte de Carlos Palomino a máns dun ultradereitista ou se ilegalicen polos pasquíns que circulan por ahí, onde se defende o asasino e se promove a violencia. Mentres isto non pase, non haberá xustiza igual para todos, e a lei de partidos será un instrumento de represión na man duns lobos esfameados. E iso estase vendo.
5º. Colonización dos territorios coa excusa de 'todos temos que ser iguais'. Falso, falso, falso. Teño que ser eu igual que un almeriense, teño as mesmas necesidades? Non. Xa está ben de pensar en clave centro-periferia. Hai máis mundo máis aló de Madrid. Xa está ben de que os nosos fillos teñan que vir estudar a Madrid porque en Galicia non se oferta ese estudio. Xa está ben de ter que vir a Madrid para poder saír de España. Xa está ben de que o Parlamento Español decida sobre asuntos que só concernen a Galicia, que se viole o reparto competencial da Constitución (carallo! disto non falan).
Unha reflexión: Aqui, na Complutense non deixo de ver mancheas de andaluces, extremeños, manchegos, casteláns e galegos... aínda non me atopei cun catalán...
6º. Sentencia do Estatuto de Catalunya.
7º. Caso Egunkaria.
8º. Xuizo a Garzón.
9º. [...]
Seguro que atopo máis...
Antón Baamonde publica no seu blog unha entrada cunha recopilación dos principais artigos da prensa catalana, (e algunha estatal), sobre a situación política e anímica de Catalunya diante do impasse da agardada sentenza do Tribunal Constitucional sobre o "Estatut"...
ResponderEliminarA defección catalana podería converterse nun choque de trens do que, aviso, ninguén sairía ben parado...
Eu o teño bastante claro…
Cataluña vai ser independente nos vindeiros anos, vai darse un proceso de “autodeterminación” polas boas, (algo así como foi a proclamación da república en España no 31 ou a caida do muro en Berlín)...
O desencadenante pode ser calquer feito, importante ou nimio, (dende unhas eleccións ate o resultado dun partido de futbol)…
O caso e que diante dun feito consumado, (a proclamación da República Catalana dende un balcón da Generalitat), España non vai saber respostar, (está claro que non estamos no 36 para embarcarnos nunha guerra e por outra parte Europa non o consentiría)…
O problema é que vai pasar dempois?, como seguirá España?…
Reaccionará polas boas asumindoo ao estilo británico?, (independencia do Eire)…
Haberá un contaxio e unha disgregación do estado?, (estilo URSS, Tchecoeslovakia ou Iugoeslavia)…
Se producira un stand-by e un bloqueo da situación?, (como pasa cos territorios independentes de facto de Abjasia e Osetia do Sul en Georgia, Transnistria ou a República turca de Chipre)…
Eu penso que o importante e preparar o día dempois, pois a independencia de Catalunya penso que xa é inivitable.
(A miña opción sería que cando salte o Estado Español, Galiza vaiase tamén polo seu camiño no medio bo rebumbio que se vai producir, ese é o momento da INDEPENDENCIA)…
Se tam pouco espanhol te consideras, porque andas a empregar a ortografia espanhola?
ResponderEliminarpor que teimas em chamar o pais galego c'o nome castelam ou espanhol?
Em galego: GALIZA!
gascon, por pura vanidade. Explícome. A min gústame facer as cousas ben, por iso estou tratando de aprender a gramática e ortografía portuguesa, e como vôce sabe non se aprende dun día para outro, polo que lle pido un pouco de paciencia.
ResponderEliminarPor outra banda, se leu algún outro post verá que utilizo indistintamente galiza/galicia.
Un saúdo.